ENTREVISTA Á PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN DOMINGO FONTÁN



No concello de Portas hai unha asociación que destaca polo labor que se está a facer desde hai moitos anos,  a asociación cultural Domingo Fontán. Ao fronte da mesma atópase Concepción Méndez (Concha), natural de Lantaño, que leva anos loitando para que a figura deste gran cartógrafo sexa coñecida no seu pobo e fóra del.
Antía Patiño e Zaira Ruibal, alumnas de 6ºB de Primaria e veciñas de Concha, decidiron entrevistala como parte do Proxecto Domingo Fontán para saber un pouco máis sobre os seus obxectivos e fins, e aquí a reproducimos:

- Es natural de Lantaño ? -“ Si , nacín en Lantaño .”

- Como foi a túa infancia ? -“Foi unha infancia moi feliz”

-Concha, nos teus tempos puideches estudar?
-“Pois sí , puiden estudar , había unha mestra nacional moi boa ( Dona Manuela). Miña avoa fixo moita amizade con ela e cando eu tiña tres anos empezou a darme clase . Despois fun a vivir a Santiago porque tiña uns familiares irmáns da alcaldesa . Fomos os dous maiores máis eu e logo os dous pequenos , alí fixen a carreira de maxisterio.”

-E chegaches a exercer da túa profesión?
-“Non porque naqueles tempos dicíase que as mulleres tiñan que coidar aos nenos e non podían traballar . E como eu non puiden chegar a exercer da miña profesión recoméndovos que estudedes.”

-Recentemente en Portas celébrase unha festa onde se recoñece a Dona Concepción Pérez como primeira alcaldesa de Galicia .  Como te sentes sendo neta dunha Dona que ocupa este título?
-“Moi orgullosa sobre todo por ser muller , xa que no ano mil novecentos vinte e tres  non tiñan dereito a voto , e así a todo puidera saír primeira alcaldesa de Galicia.”

-E chegou o día no que Concha Méndez foi tamén Dona...
-“Pois sí , chegou , reuníronse as asociacións e decidiron que eu debería ser Dona.”

-Concha, ti considéraste unha muller privilexiada ?
-“Totalmente . Principalmente por nacer nunha familia que me dou cultura”

-Gustaríache que algún familiar teu fora presidente/a da asociación Domingo Fontán ?
-“Vouvos dar un adianto , eu quero deixar a asociación en mans da miña filla Rebeca”

-Quen é para ti Domingo Fontán ?
“ Para min Domingo Fontán é unha persoa que ten un mérito incalculable . Porque o que fixo el no mil oitocentos oitenta e sete, en poñerse a peregrinar pobo a pobo e aldea a aldea, en burro e facendo o mapa de Galicia ten un gran valor.

-Como chegaches a ser presidenta da asociación Domingo Fontán?
“Un día estaba na casa , soou o teléfono ,era Luís Rios e díxome que tiña que acompañalo a Portas porque asociación Domingo Fontán tiña o presidente malo e unha quere que votemos man . Reunímonos ca comitiva e nomeáronme presidenta”

-Sénteste orgullosa de todo o que conseguiches para o recoñecemento de Domingo Fontán?
“Síntome orgullosa , pero non de todo . Conseguimos que se falara del , tamén a casa e a biblioteca .  Gustaríame ter un busto de Domingo Fontán alí pero espero que as novas xeracións o fagan. Teño en mente facer unha asociación xuvenil.”

-Que cres que falta para que Domingo Fontán ocupe o lugar que debe ocupar entre os grandes cartógrafos ?
“Que a administración o apoie”.

Comentarios

Entradas populares