seManA da ciEnciA en gaLego: "as viaxes científicas"

Os Departamentos de Debuxo e de Bioloxía xuntáronse para celebrar a Semana da Ciencia en Galego que este ano está dedicada ás Viaxes Científicas: Darwin e Fontán.
Para festexalo como se merece fixemos unha exposición cos logros máis salientables destes dous científico pioneiros e cos libros que temos na nosa Biblioteca sobre este tema e cuns marcapáxinas troquelados para que collera quen quixese.
A Profesora Ana de Bioloxía ademais realizou unha exposición sobre a viaxe do Beagle, unha presentación multimedia sobre a actividade de Darwin e un vídeo de animación que dobraron os alumnos de 4º da ESO dun xeito moi creativo!!!.

Comentarios

Entradas populares