prEseNtaCióN

Cando chegamos ao colexio todos os días e vemos o enorme mapa de Domingo Fontán (de quen o noso colexio leva o nome) pouco reparamos na gran innovación que esta Carta Xeométrica supuxo no seu tempo (por ser o primeiro en España feito con medicións matemáticas) e o enorme esforzo que costou.

Este curso o Equipo da Biblioteca coordinou un traballo cooperativo e interdisciplinario sobre este gran científico dentro do Plan Proxecta XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, co obxectivo primordial de fomentar a investigación sobre o patrimonio cultural da contorna e favorecer a súa posta en valor.

Traballamos dende un gran abanico de puntos de vista (matemático, científico, artístico, xeográfico, tecnolóxico, histórico, biográfico...) e contamos coa participación de todo o centro, aportando cada un o seu gran de area segundo as súas propias características e intereses.

Comentarios

Entradas populares