enquisa sobre domingo fontán


Os alumnos de 6º de Primaria tiñan interese en saber se os vecinos e veciñas do noso concello coñecen, alomenos en liñas xerais, ao famoso cartógrafo nado en Portas, polo que se puxéron mans á obra e fixeron unha enquisa sobre aspectos xerais da vida de Domingo Fontán, dividindo aos participantes e grupos  de idade de 0 a 15 anos , de 16 a 30, de 31 a 45, de 46 a 60 ou de máis de 60 anos.

Cada alumno preguntou a persoas do seu entorno, así obtivemos resposta de 78 persoas. Unha vez na clase fixeron un reconto dos datos obtidos e elaboraron unha táboa de datos, foi moi interesante o que aprederon neste traballo e aquí o resumimos!

CONCLUSIÓNS 
-          Os que coñecen máis polo miudo a Domingo Fontán, son as persoas que teñen entre 16 e 30 anos, seguidos pola franxa de idade de 46 a 60 anos.
-          As preguntas que máis respostas afirmativas tiveron, foron as relativas ao lugar de onde era o cartógrafo e ao edificio que leva o seu nome.

Comentarios

Entradas populares