CALENDARIO DOMINGO FONTÁN

Un ano máis o Equipo da Biblioteca do CPI Domingo Fontán e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaboraron na realización dun calendario personalizado para este ano que comeza.
Para a portada eleximos a imaxe de Domingo Fontán, pero realizada con material de refugallo polo Departamento de Plástica e sobre unha das marabillosas, e moi usadas, mesas do taller.
Cada mes do calendario leva a foto dun grupo do centro, cada un cun consello para facer do mundo un lugar realmente sostible!

Comentarios

Entradas populares