IMPRESIÓN 3D: D. FONTÁN


Este curso organizamos un novo PFPP, coordinado polo CFR de Pontevedra, para comezar a nosa incursión no mundo da Impresión 3D.
Forma parte do proxecto "Bibliotecas Creativas", organizado pola Asesoría de Bibliotecas da Xunta.
Como docente invitada escollimos a Teba Santos... quen foi profe de Tecnoloxía durante moitos anos no noso centro e que agora, dende o IES Xunqueira II de Pontevedra veu compartir toda a súa experiencia nas materias de TIC e, moi especialmente, na optativa "Impresión 3D" na que é experta.

Coma primeria actividade deseñou un chaveiro coa imaxe de Domingo Fontán, vectorizando a súa imaxe co programa de deseño de software libre Inkscape e, a continuación, realizando o deseño 3D na aplicación gratuita Tinkercad.

Pronto seguiremos coa aprendizaxe...

Comentarios

Entradas populares