HOMENAXE A DOMINGO FONTÁN 2020


Este ano non puidemos acudir, por mor do confinamento, á homenaxe que todos os anos fan na casa da cultura de Portas á figura de Domingo Fontán.
Tamén tivemos que pospoñer cara ao curso que ven o obradoiro sobre Gravado Litográfico que íamos facer no taller de Plástica para aprender de preto cómo se gravaron as pedras que deron lugar á estampación da famosa Carta Geométrica de Galicia.
Porén, seguimos a recoller os proxectos sobre o científico neste blog e tamén maquetamos o libro correspondente á memoria do curso 2018/19 que regalaremos en canto poidamos á Asociación Domingo Fontán.
Ademais fixemos un novo proxecto de Deseño 3D dedicado a Domingo Fontán na aplicación Tinkercad, que pronto imprimiremos en canto volvamos ao cole!

Comentarios

Entradas populares