DOCUMENTAL SOBRE DOMINGO FONTÁN



Hoxe, tivemos a gran honra de poder presentar na nosa biblioteca o documental "Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia", de man do Departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico de la Diputación de Pontevedra.

Este documental pretende "achegar á mocidade, cunha linguaxe sinxela, o proceso que levou a Domingo Fontán a determinar, a través da Carta Xeográfica de Galicia, a orografía do territorio do país nunha época na que non existían novas tecnoloxías".

Grazas a esta ocasión, os nosos alumnos tiveron a oportunidade de asistir a un coloquio e probar os instrumentos que empregou Domingo Fontán para medir distancias y ángulos, como fan nos obradoiros de triangulación de 4º ESO.

Tamén aproveitamos a oportunidade para que o escritor Alberto Fortes, creador de "A viaxe xeométrica de Domingo Fontán" nos asinase un exemplar para a nosa biblio!

Aproveitamos para amosar o noso novo banner de programas europeos, co que estamos a espallar polas escolas de acollida a figura de Domingo Fontán no noso proxecto de Mobilidade KA1 ERASMUS+: Funchal (Madeira), Budapest e Dublín!

Comentarios

Entradas populares